Feed

Eu son

Posted on Maio 7th, 2010 in Do meu anllar by cuartos

Poema escrito naqueles días de encerro voluntario e forzoso:

EU SON
Que es ti? Homo sapiens galaicus.
Quen? Anxo Tato Arias
De que ves sendo? De Cuartos
De onde es? de Bama
Iso queda… en Touro, non moi lonxe de Compostela.
Onde se fixo o Luar? Si.
Cando es ti? Sempre fun, son e serei EU
E como es ti? Eu son como me fixeron, “de tal palo tal astilla”, eu son o coiro que a vida foi curtindo.
Entón ti es… tal e como son, tal e como me ves.
Por onde andas? Polo mundo adiante
Que te leva pola Terra? As miñas pernas e o meu corazón.
Por que es así? Se eu o soubera!
Queres saber por que es así? NON
En resumen…
Eu son Anxo,
aquí e acolá,
porque si e xa está.
Quen non lle guste
que lle bote azucre, limón ou sal.

Os comentarios están pechados.