Cousas dun gaiteiro http://cuartos.blogaliza.org Varia Dom, 01 Mai 2011 22:24:51 +0000 gl-ES hourly 1 https://wordpress.org/?v=4.7 Cuartos, o por que. http://cuartos.blogaliza.org/2010/05/24/cuartos-o-por-que/ Mon, 24 May 2010 20:55:23 +0000 http://cuartos.blogaliza.org/2010/05/24/cuartos-o-por-que/ CUARTOS, O POR QUE

Todos vimos dalgún sitio e dirixímonos a un algures descoñecido mentres soñamos con chegar a un lugar utópico. Para poder ir ben encamiñados necesitamos saber de onde vimos, e… de onde veño eu? De quen veño sendo?
Eu son Anxo de Cuartos, Cuartos é o alcume de meu bisavó, de meu avó e a nosa coñécese pola casa de Cuartos. Preguntarésvos, con razón, de onde vén o alcume. Pois vén de que antes facían o lume no cuarto (no primeiro piso) e así lle quedou de por vida.
Con este pequeno post pretendo recuperar e honrar o meu pasado e o meu presente, xa que non teño moi claro nada que teña que ver co futuro.

]]>
Escolma Novoneyra I http://cuartos.blogaliza.org/2010/05/20/escolma-novoneyra-i/ Thu, 20 May 2010 13:20:08 +0000 http://cuartos.blogaliza.org/2010/05/20/escolma-novoneyra-i/ DO COUREL A COMPOSTELA

Os que así nos tein só tein noso os nomes no censo.
/
GALICIA, será a miña xeneración quen te salve?
Irei un día do Courel a Compostela por terras libradas?

Non, a forza do noso amor non poder ser intutle!

]]>
Un poema bonito de Eli Ríos http://cuartos.blogaliza.org/2010/05/11/un-poema-bonito-de-eli-rios/ http://cuartos.blogaliza.org/2010/05/11/un-poema-bonito-de-eli-rios/#comments Tue, 11 May 2010 20:28:00 +0000 http://cuartos.blogaliza.org/?p=292 prendo a luz
aínda
que
é
de
día
só para confirmar

que a loura
segue no caldeiro
que a xanela
non transloce a rúa
que o teu nome
está mal dito
apago a bombilla

para reafirmar

que penso e existo

tamén na penumbra

—–

Poema de Eli Ríos do seu poemario inédito: “nós escoitando o badalo de marienpltz”, co que se fixo acredora do Premio Carral de Poesía 2009. Noticia de Vieiros.

]]>
http://cuartos.blogaliza.org/2010/05/11/un-poema-bonito-de-eli-rios/feed/ 1
O I Concurso de Trabalingua xa ten gañadores http://cuartos.blogaliza.org/2010/05/07/o-i-concurso-de-trabalingua-xa-ten-ganadores/ Fri, 07 May 2010 17:04:24 +0000 http://cuartos.blogaliza.org/2010/05/07/o-i-concurso-de-trabalingua-xa-ten-ganadores/ Tras unha intensa reunión do xurado, por fin se escolleron os textos máis merecentes dos premios do noso concurso.

Poderás saber cales son acudindo á entrega de premios que se celebrará o vindeiro día 18 de maio ás 17:00 na Aula 2 do edificio Miralles. Ademais disto, faráse lectura dos textos premiados, recitado de poemas de Uxio Novoneyra e haberá agasallos para participantes e asistentes!!

Mais non remata aí a actividade. Despois da entrega de premios, convidámoste a asistires a un concerto, a cargo do Leo i Arremecághona, que terá lugar na cafetaría Leonardo da Vinci.

]]>
Por fin pasou! http://cuartos.blogaliza.org/2010/05/07/por-fin-pasou/ Fri, 07 May 2010 17:00:44 +0000 http://cuartos.blogaliza.org/?p=289 Este vén a ser unha variación dun poema de Uxío Novoneyra que explica moi ben a temporada que pasei na casa:

Da cama á eira
da eira á cama
Vilar, o Coto e as minas
sempre diante!

As noites e os días
os días e as noites
e un xa non sabe
nin cando foi onte!

]]>
Eu son http://cuartos.blogaliza.org/2010/05/07/eu-son/ Fri, 07 May 2010 16:58:48 +0000 http://cuartos.blogaliza.org/?p=287 Poema escrito naqueles días de encerro voluntario e forzoso:

EU SON
Que es ti? Homo sapiens galaicus.
Quen? Anxo Tato Arias
De que ves sendo? De Cuartos
De onde es? de Bama
Iso queda… en Touro, non moi lonxe de Compostela.
Onde se fixo o Luar? Si.
Cando es ti? Sempre fun, son e serei EU
E como es ti? Eu son como me fixeron, “de tal palo tal astilla”, eu son o coiro que a vida foi curtindo.
Entón ti es… tal e como son, tal e como me ves.
Por onde andas? Polo mundo adiante
Que te leva pola Terra? As miñas pernas e o meu corazón.
Por que es así? Se eu o soubera!
Queres saber por que es así? NON
En resumen…
Eu son Anxo,
aquí e acolá,
porque si e xa está.
Quen non lle guste
que lle bote azucre, limón ou sal.

]]>
Nova Xeira http://cuartos.blogaliza.org/2010/04/05/nova-xeira/ Mon, 05 Apr 2010 21:14:02 +0000 http://cuartos.blogaliza.org/2010/04/05/nova-xeira/ Nova xeira
Despois dunha temporada sen actualizar, Cuartos volve con ganas de darlle vida ao blogue.
Cuartos: a orixe
De onde vén o nome? Pois dunha homenaxe aos meus ancestros, así é como lle chaman á miña casa en Bama. Eu son o rapaz de Cuartos.
Cousas dun gaiteiro?
Si, aínda que non o pareza son gaiteiro das dúas gaitas. A partir de agora haberá máis de folclore no blogue

Resumindo, que os contidos de aquí en diante serán máis intimistas e folclóricos.

]]>
Aniversario do Pasamento de Murguía http://cuartos.blogaliza.org/2010/02/02/aniversario-do-pasamento-de-murguia/ Tue, 02 Feb 2010 16:12:20 +0000 http://cuartos.blogaliza.org/?p=284 Coruñeses:

Murió ayer el ilustre escritor, historiador y publicista D. Manuel Murguía, llamado por antonomasia el Patriarca de las Letras Gallegas.

Su muerte representa la pérdida de un gran hombre, de un hombre-cumbre, símbolo de la Galicia intelectual.

No se trata de un político de altura ni de una personalidad creada en torno de intereses materiales, sino de una figura excelsa, que había tomado su inmenso relieve de las prerrogativas del talento y de los privilegios de la cultura.

Y Galicia debe hoy vestir de luto.

La Coruña, donde residía y se crió el Sr. Murguía y donde recibirá sepultura el cadáver de éste, debe rendir al finado el póstumo homenaje que merecen los hombre que dejan de su vida hondo surco intelectual y estela profunda de su labor.

Espero, pues, que el vecindario hará a la memoria del Sr. Murguía la ofrenda de su amor y de su admiración, enlutando los balcones al paso del entierro y concurriendo a este acto en manifestación popular que refrende el sentimiento que su muerte le produce.

Coruñeses: murió el Patriarca de las Letras Gallegas, el Sr. Murguía. Honrad al finado, y honrándole, honraréis a Galicia, que hoy pierde la más alta personalidad de su valer.

La Coruña, febrero 2 de 1923

Esta é a alocución coa que o alcalde D. Francisco Ponte Blanco se dirixiu aos veciños da Coruña o día do pasamento de Murguía.

Sobre a figura de Murguía, falarei máis adiante.

]]>
Un día para a lembranza http://cuartos.blogaliza.org/2010/01/21/un-dia-para-a-lembranza/ http://cuartos.blogaliza.org/2010/01/21/un-dia-para-a-lembranza/#comments Thu, 21 Jan 2010 21:27:38 +0000 http://cuartos.blogaliza.org/?p=279 Compostela, 21 de xaneiro de 2008.

A comunidade educativa galega, o estudantado galego dálle unha lección aos “iñorantes
e féridos e duros, imbéciles e escuros” que queren que a nosa lingua despareza da face da terra. Todos Queremos Galego.

Noticias en:

Vieiros

Xornal

A Nosa Terra

Galicia Hoxe

folgaxeralensino21012010

]]>
http://cuartos.blogaliza.org/2010/01/21/un-dia-para-a-lembranza/feed/ 2
Guerra http://cuartos.blogaliza.org/2010/01/12/guerra/ Tue, 12 Jan 2010 15:34:31 +0000 http://cuartos.blogaliza.org/2010/01/12/guerra/ GUERRA

E entonces foi a guerra…

Pais contra fillos
e fillos contra pais.
Veciños contra veciños
e irmáns contra irmáns.

Pobo, que foi do pobo?
O pobo deixou de ser
patria, que é da patria?
a patria acaba de morrer.

A xente, onde vai a xente?
Algunha seguirá en pé
Os nosos, como están?
Os nosos n’os volves ver.

A terra era un mar de sangue
e o sangue non era azul,
Amarelo, amarelo o medio
vermello o norte e o sur.

Gañadores desta guerra?
Gañar ninguén gañou.
Perderon todos logo?

… e a guerra rematou.

]]>