Feed

Agrarismo en Touro

Posted on Decembro 30th, 2009 in Touro by cuartos

Esta imaxe é unha foto dun panfleto que había nun anticuario en Santiago de Compostela. Como se pode ver é un chamamento a un mitín, posiblemente sexa do 1910-1920. Máis adiante intentarei investigar un pouco sobre o tema. Polo de agora, queda aquí.

Solidariedad Gallega

PXOM de TOURO: tarde, mal e arrastro

Posted on Febreiro 12th, 2009 in Touro by cuartos

Outra vez ponse de manifesto a incopetencia dos “individuos” que nos gobernan. Canto tempo non levamos esperando por ese plan? Canto tempo leva o concello paralizado, sen posibilidades de medrar, ou polo menos de non arrecuar, por culpa da pachorra con que tratan o asunto.

Cando fan o plan, xa tarde, fano mal. Non ía ser menos cos trapalleiros que temos, e quen paga as consecuencias? Nós, os veciños, que vemos como ese plan se atrasa e non podemos nin levantar un ladrillo en ningún sitio. Ese plan feito sen sentido común e feito pra intereses privados e de empresas como Paco Gómez, acaba de non ser aprobado pola Consellería de Política Terriotorial, o que representa aínda máis retraso.

Deficiencias cartográficas (nalgúns lugares aparecen camiños que fai máis de 15 anos que non existen).

Incorrecta clasificación dos diverso tipos de terreo.

Intento de urbanización sen sentido ningún (pretendían facer unhas 2000 vivendas!!!) (Touro ten agora menos de 5000 habitantes) sen ter en conta a dinámica poboacional do concello.

Intentos de implantación industrial sen futuro en lugares incomunicados.

Non tiveron en conta os informres desfavorábeis de Aviación Civil (debido á proximidade ao aeroporto) e da Consellería de Medio Ambiente..

En fin, o de sempre, coa xente que temos, TARDE, MAL E ARRASTRO.

.-Véxase estes enlaces:

Noticia política territorial. Resolución e informe.

Recensión do último pleno: A RESPOSTA DO MILLÓN

Posted on Decembro 23rd, 2008 in Touro by cuartos

RECENSIÓN DO ÚLTIMO PLENO: A RESPOSTA DO MILLÓN

Estiven no último pleno do concello de Touro, era a primeira vez que ía, e quería comentar varias cousas:

1. A falta de orde nas intervencións e a mala educación: soaban teléfonos móbiles e concelleiros falaban por el no medio do pleno, (neste caso non eran nin do PSdG nin do BNG). Señor alcalde e señor secretario podía poñer un pouco máis de respeto.

2. A metade dos sete concelleiros do PP estaban alí por estar. Non quero faltar o respecto, pero a esas idades un se non vale pra estar nun pleno porque non se entera de nada, e non ten nada que dicir debería ir xogar a partida, ou ás excursións do Inserso como fan os outros vellos e deixarlle a política a xente máis competente, (haina?)

3. O alcalde debería enterarse do que pasa no concello: que axudas se piden, como van os diversos procesos administrativos, etc. A realidade é que Ignacio semellaba estar pouco posto ao día. Quen controlaba todo era o secretario do concello. Agora que se dedica completamente á alcaldía e ten dedicación exclusiva, faga algo máis, por favor. Entérese das cousas.

4. A concelleira do PSdG (Mª Carmen Paz)está máis perdida que un polbo nun garaxe. Practicamente non falou nada. Non ten nin idea de política e non sabe facer oposición.

5. Non me parece normal que non fose ninguén do Partido Galeguista ao pleno. A cuarta forza política do concello que por desgraza non acadou ningún concelleiro debería ir alomenos como oínte aos plenos.

6. A pregunta do millón, ou digo, a resposta do millón do tenente alcalde. Reproduzo aquí o ocorrido no pleno, é de película.

(Pregúntalle Anxo Puga [BNG] ao Alcalde)

—Que me di do famoso PEIM (Plan de Emprego e Inversión Municipal) polo que a Touro lle tocan, se non estou equivocado, 800.000 €? Sabedes xa en que se vai investir?

(Adiántase o tenente alcalde)

(Con sorna e chulería)Home, irémola invertir dentro do concello de Touro, digo eu.

(Risas, por non chorar) Anxo Puga: Ai bueno, e logho que a iades gastar por aí fora?

Debido a unha medida pra paliala crise danlle ao concello de Touro 800.000 € (133 millóns de pesetas) e tanto o alcalde (que non dixo nada respecto isto) coma o tenente alcalde, coma todos os concelleiros do PP NON TEÑEN NIN A MÁIS MÍNIMA IDEA DE EN QUE INVERTIR ESTES CARTOS.

Teñen que facer o proxecto de inversión antes de marzo (2 meses quedan e aínda non plantexaron facer absolutamente NADA). Así é como se preocupan polos seus veciños??? É indigno que non utilicen esa axuda, unha das mellores que recibiu o concello nos últimos anos, pra facer cousas necesarias.

No programa electoral do PP de Touro había 73 puntos (acabo de contalos) e non usan eses cartos pra nada do que se propuñan nel??? XULGUEN.

Cómpre dicir que dende a oposición se lles propuxo facer a promesa histórica de todos os programas electorais de todos os partidos de Touro: a construcción dunha CASA DA CULTURA na que se favoreza a contratación de persoas paradas de Touro.

Hai CRISE. A xente vai ao PARO. Familias enteiras quedan sen ingresos.

RAJOY di que o PP pensa nos problemas da xente.

O GOBERNO MUNICIPAL DO PP olvídase da xente.

Por último, todo o mundo sabe en que se invertirán eses 130 millóns de pesetas se os do PP fan o que queren. Como di aquela canción de Dios Ke Te Crew:

“Política de asfalto

por sufraxio universal,

veñen as eleccións

vamos todos a votar”

Peixes mortos en Touro

Posted on Novembro 17th, 2008 in Touro by cuartos

O BNG fará un seguimento da investigación sobre os peixes mortos aparecidos no río Ulla

A deputada Ana Pontón pede a Medio Ambiente todos os dados dos que dispoña sobre este suceso

Santiago de Compostela, 3 Outubro 08.- A portavoz de Medio Ambiente do grupo parlamentar do BNG, Ana Pontón, vén de rexistrar unha pergunta para a súa resposta oral sobre a aparición de peixes mortos no río Ulla, ao seu paso polo concello de Touro o pasado día 27 de setembro.

A parlamentar quer facer un seguimento pormenorizado das investigacións que se leven adiante e pede que se chegue até o fondo da cuestión para averiguar cales foron as causas deste suceso e, asi, “poder atallalas canto antes e evitar que se repita de novo”.

Tal e como lembra a parlamentar nacionalista, estamos a falar duns feitos que se remontan ao pasado sábado, cando veciños e veciñas de Touro alertaban dunha alta mortalidade de peixes no río Ulla que, segundo informaron, aparecían na cola do encoro de Touro, moi preto da presa de Brandariz.

Para alén disto, Pontón indica que o grupo parlamentar nacionalista ten “constancia, por inspeccións realizadas en días sucesivos, que apareceron peixes mortos tamén en outros puntos do río”.

A portavoz de Medio Ambiente apunta que as causas que ocasionaron estes feitos poden ser varias, barallándose como as máis probábeis a falta de osíxeno ou a existencia de algún vertido de lodos no encoro.

A parlamentar valora o anuncio da Consellaría de Medio Ambiente de que ten iniciado investigacións para determinar a causa deste desastre ecolóxico e pergunta polas conclusións destes traballos.

Asi, Pontón interésase polo número de peixes mortos que apareceron, as actuacións que se levaron adiante neste contorno, os resultados das investigacións e pergunta se se realizou algunha actuación no río Ulla a fin de incidir nas causas que provocaron a mortalidade dunha grande cantidade de peixes.

Tirado da web do Bloque Nacionalista Galego