Feed

Aniversario do Pasamento de Murguía

Posted on Febreiro 2nd, 2010 in Hoxe by cuartos

Coruñeses:

Murió ayer el ilustre escritor, historiador y publicista D. Manuel Murguía, llamado por antonomasia el Patriarca de las Letras Gallegas.

Su muerte representa la pérdida de un gran hombre, de un hombre-cumbre, símbolo de la Galicia intelectual.

No se trata de un político de altura ni de una personalidad creada en torno de intereses materiales, sino de una figura excelsa, que había tomado su inmenso relieve de las prerrogativas del talento y de los privilegios de la cultura.

Y Galicia debe hoy vestir de luto.

La Coruña, donde residía y se crió el Sr. Murguía y donde recibirá sepultura el cadáver de éste, debe rendir al finado el póstumo homenaje que merecen los hombre que dejan de su vida hondo surco intelectual y estela profunda de su labor.

Espero, pues, que el vecindario hará a la memoria del Sr. Murguía la ofrenda de su amor y de su admiración, enlutando los balcones al paso del entierro y concurriendo a este acto en manifestación popular que refrende el sentimiento que su muerte le produce.

Coruñeses: murió el Patriarca de las Letras Gallegas, el Sr. Murguía. Honrad al finado, y honrándole, honraréis a Galicia, que hoy pierde la más alta personalidad de su valer.

La Coruña, febrero 2 de 1923

Esta é a alocución coa que o alcalde D. Francisco Ponte Blanco se dirixiu aos veciños da Coruña o día do pasamento de Murguía.

Sobre a figura de Murguía, falarei máis adiante.

Un día para a lembranza

Posted on Xaneiro 21st, 2010 in Hoxe,Meu idioma by cuartos

Compostela, 21 de xaneiro de 2008.

A comunidade educativa galega, o estudantado galego dálle unha lección aos “iñorantes
e féridos e duros, imbéciles e escuros” que queren que a nosa lingua despareza da face da terra. Todos Queremos Galego.

Noticias en:

Vieiros

Xornal

A Nosa Terra

Galicia Hoxe

folgaxeralensino21012010

60º cabodano da morte de Castelao

Posted on Xaneiro 7th, 2010 in GALIZA: Nación,Hoxe by cuartos

anosaterranonenosa

No 60º cabodano do pasamento de Castelao, aínda

“A nosa Terra non é nosa, rapaces”

Nova en Vieiros

Foto tirade de: Clica aquí

Poema pola loita conxunta

Posted on Xuño 18th, 2009 in Antisistema,Do meu anllar,Hoxe by cuartos

poema-loita-conxunta

Cando vexo milleiros,

milleiros de tractores e labregos,

invadindo as rúas nas tractoradas,

unha rabia infinita sáeme de dentro.

Cando esperto,

e na Voz aparecen manipulacións lingüísticas

completadas con entrevista a Gloria Lago

—diálologo de vesugos—,

a carraxe, durmida, sen podelo evitar esperta.

Cando saio á rúa,

e vexo loitas encarnizadas dos compañeiros do metal,

loitando cos antidisturbios casteláns,

vólvome de aceiro, eu tamén son do metal.

Cando os meus oídos oen dunha señora:

“tiñades que facer coma os vascos,

coller os empresarios e metelos baixo terra,

eses son todos uns ladróns”,

alédome, a conciencia de clase esperta.

Cando milleiros de estudantes

protestan contra Boloña,

—centos en Galiza—,

o maio do 68 parece que volta.

Labregos,

galegos amantes da vosa lingua,

estudantes,

traballadores do metal,

non será hora de erguer as voces xuntos?

Explotación, aldraxes e miseria, Nunca Máis!

Tractorada virtual en apoio aos labregas

Posted on Xuño 16th, 2009 in Hoxe by cuartos

tractor1

EDREDÓN (Tirado de Cabaret Voltaire )

Aa mortes lentas mancan menos. Vai dando tempo a afacerse e desembocan nun pasamento tan suave como cando nos cubrimos os ombros co edredón para durmir. Todo isto vai pasando co sector lácteo: vai esmorecendo e calquera día saltará coma cando estoupa a resistencia dunha bombilla. Despois virá o silencio. Non será algo tan ecoloxicamente ostentoso como as estensas manchas negras que nos enzoufaron as costas, que taparon rochas, coídos e praias da noite para a mañá. De cando Mangouras (el cumpriu as obrigas que aprendemos en Conrad: salvar tripulación e barco), lembro os berros, as protestas, as bandeiras, os libros, os documentais…. e logo o silencio que auguraba Hamlet. Non leo escritor nin miro actor nin sinto músico algún argallando a Marea Branca para protestar contra a previsible inanición do noso campo. O seu silencio lémbranme a cando Heidegger rexeitou unha cátedra filosófica en Berlín para ficar nos lameiros verdes de Friburgo, que el miraba «cos ollos do hóspede ou do veraneante». Cando menos o pensador vivía entre os labregos, pero o agro segue sen noticias dos creadores galegos. Deben de ser como o reloxo que funcionaba por veces si e por veces non. «Ten días», dicía o propietario. Estes teñen causas.

(artigo en El Progreso).

Conflito de clase?

Posted on Xuño 3rd, 2009 in Antisistema,Hoxe by cuartos

HAI CONFLITO DE CLASE OU NON?

antidisturbios

Hai alguén que aínda dubide da existencia da loita de clase, do conflito de clase?

Pois eses incrédulos que se paseen un día coma hoxe por Vigo, un día no que estean de folga os do Metal. Que se paseen pola cidade e vexan a loita campal entre os traballadores e os representantes do empresariado-Estado, os antidisturbios. Que dean unha volta e daquela verán e crerán, coma San Tomé, que non creeu na resurreción ata que meteu as mans no costado de Cristo.

Isto igual, incrédulos: ver para crer. Os que xa tiñamos “fe”, ver para reafirmarnos aínda máis.

manifa-metal

Boletín novas do metal nº4 xuño 2009

17 de maio: que pasa co galego?

Posted on Maio 15th, 2009 in Hoxe,Meu idioma by cuartos

O galego que non fala
Na lingua da súa terra
Non sabe o que ten de seu
Nin é merecente dela.

(“Da Vella Roseira”, Victoriano Taibo)

Mañá 17 de maio celebraremos o Día das Letras Galegas manifestándonos en Compotela en defensa do noso idioma. Poque o galego é a nosa columna vertebral, o idioma que nos une. Vén canda nós, para expresarmos todas e todos xuntos que queremos vivir en galego.

Que está ocorrendo co galego, cos galegos, con Galiza? Pois o seguinte:

-Os grandes poderes económicos estatais españolistas e fundacións coma FAES apoiados por partidos coma PP e UPyD: “vamos acabar cos nacionalismos perifericos da península”. “Cal é destes o pobo máis débil?” “O Galego” “Pois imos acabar coa súa pouca identidade para que non exista alí nacionalismo, para que deixen de reclamar nada e deixen de seren galegas e galegos” “Cal é o elemento que lles dá máis cohesión” “O idioma” “Pois vamos facer que se asocien cousas negativas ao seu idioma, ou era dialecto?, e que deixen de quererlle. Vamos facer que crean que o galego se impón, que non lles serve para nada. Vamos lle meter aínda máis castelán”

E o resto xa o sabedes: Galicia Bilingüe, cambio de rumbo do PPdG e … os galegos que nos damos conta disto alí estaremos, o 17 EN COMPOSTELA, porque somos galegos, porque falamos galego.

E aquí estou eu apoiando a iniciativa de Blogues pola Lingua.

http://bloguespolalingua.blogaliza.org/2009/05/13/accion-conxunta-de-blogues-pola-lingua-na-vespera-do-dia-das-letras/

Este blogue forma parte da Rede de Blogueiras/os en defensa do Galego

CLASE POLÍTICA vs. POBO

Posted on Maio 11th, 2009 in BNG,Do meu anllar,Hoxe,Política by cuartos

A política… velaquí tendes a política. Este vello leproso nobre escocés que quere que o seu fillo se converta no próximo rei de Inglaterra, aínda que para iso teña que traizoar ao pobo escocés. Ambición, poder. Esa é a clase política, a política en estado puro.

braveheart2

O fillo do nobre representa os políticos que queren estar co pobo. Triste vida levan debatendo entre un bando ou outro. Ao final acaba gañando a súa condición, acaban atrapados nela, como acabou este. Abonda ver como olla ao “pobo”, como mira para aquel que traizoou.

Braveheart

O guía do pobo enganado pola política. Esa mirada deixa ver a frustración, o guía do pobo confiou na clase política. Á hora da verdade a clase política volveuse contra o pobo. William Wallace viña do pobo, estaba con el, sufría e festexaba no pobo, e co pobo morreu.

braveheart3

O pobo co líder e o líder co pobo avanzando xuntos na revolución.braverheartfreedom

E eu? Eu.. farto, canso desa trapalleira, da puta, da política. Ámbito no que está todo cantado (Asemblea Nacional Extraordinaria) asemblea-CONGRESO  amañado onde non había moito que facer. As decisións viñan de arriba e nós so podiamos asentir, dicir si, moi ben, perfecto. Debate de ideas? Eu non o vin. A política era a que reinaba alí, o vello leproso loitando polo poder interno, ambición, poder, votacións… O pobo, os guías do pobo, os que confiamos na política… en fin. Conclusións: saír a estar co pobo e esquecerse un pouco dese vello leproso, desa trapalleira, da puta, da política.

Xeiras sobre a lingua galega I

Posted on Abril 15th, 2009 in Hoxe,Meu idioma by cuartos

Xeiras sobre a lingua galega Comités Vigo

Hoxe, salientar a altísima participación na Xeiras sobre a lingua galega organizada polos Comités en Vigo. Arredor de 70 persoas acompañaron aos diversos participantes nos debates (María Yáñez, Ana Iglesias, Henrique Costas, Iolanda Veloso, Carlos Callón, Fernando Ramallo, Alexandro Prieto…)

No día de hoxe proxectouse o docuemental “Linguas Cruzadas”, e nas mesas de debate tratáronse temas como “Bilingüismo ou diglosia”, “A normalización do galego”, “A situación actual do galego”, “Lingua e novas tecnoloxías”.

Unha necesidade: buscar o “click”  que faga que castelanfalantes se incorporen ao galego e que os galegofalantes non deixen de selo.

Un comentario: as novas teconoloxías, internet, non van amañar nada. Quen pode cambiar as cousas somos as persoas. Se hai un caldo de cultivo na sociedade de cambio e mobilización, internet pode potenciar iso, senón internet non fai servir de moito.

A importancia das accións e actitudes individuais, pois que son as accións e actitudes colectivas máis que a suma das idividuais?

E por último e bastante importante, hoxe falouse de organizar un grupo de universitarios con conciencia lingüística para os que galego non é un algo indiferente. Un grupo con intencións normalizadoras e reivindicativas. A ver o que se consegue consolidar nestes dous días que restas de Xeiras.

BNG=Casa? Non

Posted on Abril 13th, 2009 in BNG,GALIZA: Nación,Hoxe by cuartos

BNG=Casa? Non.
Moitos, como algunha destacada personalidade nacionalista, refírense ao BNG como “a casa común de todos os nacionalistas”. Para empezar, non estou de acordo con esta definición. Vexamos que hai detrás da “casa”.
Non estou de acordo porque o BNG naceu como un instrumento dun sector da poboación galega (non expresamente nacionalista) comprometida co mundo no que vivía. O BNG naceu como instrumento para cambiar a realidade. Na actualidade, pola contra, moitos xa o consideran un “fin”en si mesmo. Este cambio de concepción explica o “estático” do BNG. Explica tamén que se chegase ás veces a un “ideoloxismo” e a un culto ao partido, lembrando incluso ao “obcecamento relixioso”.
O BNG cando naceu non era un partido. O BNG meteuse dentro do sistema e converteuse nun partido político. E claro está, os obxectivos mudan, o obxectivo agora é “chegar ao goberno para facer políticas transformadoras”. O BNG saiuse do seu ámbito, perdeu a súa orixinalidade e xa vemos que ben lle vai, e lle irá.
O BNG converteuse nun instrumento inútil, e sinto dicilo, moito me temo que nunca recupere a súa utilidade, así que cidadáns comprometidos, mocidade comprometida (vós que sodes o futuro) ide creando o voso propio instrumento se queredes deixar pegada no mundo e mirade para os erros dos que vos precederon. Lembrade:
“ Da xuntanza vén a forza, e da forza, o trunfo”

Díaz Pardo vs. Memoria histórica

Posted on Decembro 19th, 2008 in Hoxe by cuartos

DÍAZ PARDO vs. MEMORIA HISTÓRICA

Con Isaac Díaz Pardo

Con Isaac D
</p>

					
			



				</div>


				<!--
					<rdf:RDF xmlns:rdf= -->

Límpeza en folga

Posted on Novembro 22nd, 2008 in Hoxe by cuartos

LIMPEZA EN FOLGA: As mulleres detrás da revolución social

http://www.galizacig.com/

http://www.porunconvenioxusto.blogspot.com/

Non deixa de ser significativo que sexa o sector da limpeza, considerado antigamente “femenino” e no que aínda a día de hoxe está composto maioritariamente por mulleres, quen leve a cabo esta folga que sae todos os días na prensa e que lle está a marear a cabeza a xefes, reitores, decanos…

As mulleres estiveron e están sempre detrás de cada muxica de revolución social. As mulleres, sempre comprometidas co tempo que lles tocou vivir. As mulleres, presenza caladiña que cando non está ben que se bota en falta.

Dende aquí o meu sincero apoio:

“LOITADE, LOITADE ATA O FINAL”.

“LOITA TI, QUE PODERÍAS SER MIÑA NAI, MEU PAI, MIÑA IRMÁ, EU”

Ánimo

Parabéns para o Sindicato de Estudantes

Posted on Novembro 13th, 2008 in Hoxe by cuartos

PARABÉNS PARA O SINDICATO DE ESTUDANTES

Merece sacar o sombreiro, o Sindicato de Estudantes

é o único que  consegue mobilizar aos estudantes

do Ensino Medio, e iso pasará á historia.

Parabéns pola concurrida manifestación de hoxe en Vigo.