Feed

Un poema bonito de Eli Ríos

Posted on Maio 11th, 2010 in Grandes debulladores by cuartos

prendo a luz
aínda
que
é
de
día
só para confirmar

que a loura
segue no caldeiro
que a xanela
non transloce a rúa
que o teu nome
está mal dito
apago a bombilla

para reafirmar

que penso e existo

tamén na penumbra

—–

Poema de Eli Ríos do seu poemario inédito: “nós escoitando o badalo de marienpltz”, co que se fixo acredora do Premio Carral de Poesía 2009. Noticia de Vieiros.

José Rey-González, poeta pontevedrés da preguerra

Posted on Agosto 13th, 2009 in Grandes debulladores by cuartos

Dúas pesetas

Catro versiños, esquirtos

por un poeta gallego,

podedes ler… si soltades

dúas pesetas do peto.

¿Tesmés, cicáis, que os versiños

sexan floxos?… ¡Non por certo!

¡Xuro n’hai bardo que os faga

coma iles no mundo enteiro!

Xa que non hai quen os gabe,

heinos de louar eu mesmo:

os versos son non plus ultra,

pro sin cartiños… ¡n’hai versos!…

Así rezaba a contraportada do libro que vos vou presentar. “Frangullas” o primeiro dos catro tomos dunha serie chamada “Rimas da Terra” (os outros son “Lira Gallega y Frores Murchas”, “Fume que foxe y A Musa da Terra” e “Latexos”). Este libro chegou a min no Nadal do ano 2007, un agasallo do bo amigo Julio Vigil. Obra do poeta pontevedrés José Rey-González, este libro chamoume moito a atención. En primeiro lugar por ser esta un volume orixinal (é a terceira edición, que está data do 1928) e por ser dun poeta do que nunca oíra falar. Así compráceme saber que me acho ante unha obra quizais descoñecida e da que nin sequera sei se chegou aos nosos días, se quedan moitos volumes dela ou se o nome do seu autor non quedou perdido na encrucillada da Historia. Os poemas lembran o estilo de Cantares gallegos polo seu corte popular aínda que son bastante diferentes no que á ortografía se refire. E esta unha obra na que se poden apreciar claramente as características principais dese galego de preguerra falto dunha norma ortográfica: popularismos, dialectalismos, castelanismos, arcaísmos, complicado uso de guións, apóstrofos, diéreses… En canto aos temas predominan os poemas no que se fala do sentido da vida, do paso do tempos, da morte, pasando por outros de carácter amoroso ou popular. Aí vos vai unha escolma de dita obra, “Frangullas” de José Rey-González.

POLVO E FUME

Todo é polvo, todo é fume,

polvo e fume evos a vida:

ven o vento, sopra un pouco

e… ¡fuxe todo en siguida!

COPRAS

N’hai língoa com’a gallega:

¡ela é tan tenra, tando doce,

que paresce língoa d’ánxeles,

mais ben que fala dos homes!

Non quixera que os meus ollos

visen mais chau que Galicia,

nin ouísen meus ouídos

outra língoa que ista língoa.

[…]

¡SOYA!

¡Dios mío, que solos

se quedan los muertos!

Gustavo A. Bécquer

Sacaron da cás

a Pepiña a Pomba;

levárona ô adro;

pousárona â porta

da Igrexa; cantáronlle

dimpois catro cousas,

e d’auga bendita

bañárona toda!

Logo colocárona

na xa aberta foxa,

botáronlle terra,,

curbíronlle a lousa,

y-à casa volvéndose…

¡deixárona soya!!

AMOR

A estrela que no ceo

reloce e parpadexa

nas cobizadas noites

de fúlxido lüar;

a estrela que no ceo aluma pracenteira,

¿por quén d’ amores s’ encende?

¿por quén sospirará?…

O átimo invisibre

que pol-o espazo xira

bicado por brisiñas

de brando aletexar;

o átimo lixeiro

que pol-os aires vaga,

¿por quén d’ amores palpexa?

¿por quén sospirará?…

O páxaro que tece

na escura selva o niño,

y-o páxaro que voa

piando sin calar;

o páxaro que tece

na escura selva o niño,

y-o que voando pía,

¿por quén sospirarán?…

A nuble que no ceo

revólvese fureosa

ferida pol-o empuxe

do louco vendaval;

a nuble que mil bágoas

esparxe nas rosiñas,

¿por quén d’ amores chora?

¿por quén sospirará?…

A onda que se rompe

na s pedras altaneira,

y-a ola que as areas

da praya ven bicar;

a foribunda onda

y-a ola gasalleira,

¿por quén d’ amore solouzan?

¿por quén sospirarán?…

A fror que o seo virxe

ao sol nacente ofrece,

a fror qu’ o doce cefro

bicando ledo vai,

a fror a quen coroa

de pelras o recío,

¿por quén d’ amores morre?

¿por quén sospirará?…

O bardo que se doe

das coitas d’ iste mundo

y-a soilas co’os seus sonos

s’encerra a meditar,

o bardo dilicado

de curazón anxéleco,

¿a quén d’ amores canta?

¿por quén sospirará?…

QUIXERA…

Quixera ser anduriña

para voar a onde ti estás,

e dicirche que che quero,

e pousarme na tua mau,

e fabrical-o meu niño

preto do niniño teu,

e poñél-o bico tenro

n’ises teus beizos de mel,

e morrer cando ti morras,

nena do meu curazón,

e que na mesma coviña

nos enterrasen aos dous!

O mellor que oín dende hai tempo…

Posted on Abril 23rd, 2009 in Grandes debulladores by cuartos

GALICIA: A MIÑA PATRIA

Hoxe engado en grandes debulladores a un mozo que un xoves pola noite dixo o seguinte, realmente exemplar, o mellor que oín dende hai tempo.

Falando tres mozos sobre o sistema, antisistema, democracia, nacionalismos, etc un xoves pola noite en Vigo:

Chaval 1.- Eu non son nacionalista, simplemente amo a miña patria.

Chaval 2.- Como que non eres nacionalista?

Chaval 3.- E cal é a túa patria?

Chaval 1.- Galicia.

Chaval 2.- Pero entón es nacionalista!?

Chaval 1.- Non.

Que se pode sacar de aquí?

1) Ogallá todos os galegos pensaran coma Chaval 1.

2) Ese GALEGO, parece que está ata o carallo deses galegos que se cren máis galegos que os outros , está ata o carallo dos “nacionalistas”, está ata o carallo dos do Bloque (“son todos iguais”).

3) Galicia: patria cultural.

4) Chaval 1 estaba falando en castelán.

5) Nacionalistas, aprendede (aprendamos) de Chaval! Un galeguismo sen complexos, amo a miña patria, Galicia, e punto, non quero caer en ideoloxismos absurdos.

Os livros…

Posted on Marzo 30th, 2009 in Grandes debulladores by cuartos

Aquí vai unha frase que levaba un compañeiro da clase nunha carpeta e que me chamou moito a atención:

“Os livros são abelhas que levam o pólen de

uma inteligência a outra”

JAMES LOWELL

Abelha

Abelha

Curros Enríquez: Aires da miña terra

Posted on Setembro 22nd, 2008 in Grandes debulladores by cuartos

INTRODUCCIÓN

Se eu podesse desamar

Posted on Maio 26th, 2008 in Grandes debulladores by cuartos

 PERO DA PONTE

Se eu podesse desamar
a quen me sempre desamou,
e podess’ algun mal buscar
a quen mi sempre mal buscou!
Assy me vingaria eu,
se eu podesse coyta dar,
a quen mi sempre coyta deu.

Mays sol non posso eu enganar
meu coraçon que m’ enganou,
per quanto mi faz desejar
a quen me nunca desejou.
E per esto non dormio eu,
porque non poss’ eu coita dar,
a quen mi sempre coyta deu.

Mays rog’ a Deus que desampar
a quen mh’ assy desamparou,
ou que podess’ eu destorvar
a quen me sempre destorvou.
E logo dormiria eu,
se eu podesse coyta dar,
a quen mi sempre coyta deu.

Vel que ousass’ en preguntar
a quen me nunca preguntou,
per que me fez en ssy cuydar,
poys ela nunca en min cuydou.
E por esto lazero eu,
porque non poss’eu coyta dar,
a quen mi sempre coyta deu.

http://www.usc.es/~ilgas/pprofano.html

Fonte: Saverio Panunzio (ed.) (1992): Pero da Ponte. Poesías. Trad.: R. Mariño Paz. Vigo: Galaxia, pp. 82-84.

Irmáns (Celso Emilio Ferreiro)

Posted on Abril 29th, 2008 in Grandes debulladores by cuartos

IRMÁNS __ Celso Emilio Ferreiro
(“Longa noite de pedra”, 1962)

Camiñan ó meu rente moitos homes.
Non os coñezo. Sonme estraños.
Pero ti, que te alcontras alá lonxe,
máis alá dos desertos e dos lagos,
máis alá das sabanas e das illas,
coma un irmau che falo.
Se é tua a miña noite,
se choran os meus ollos o teu pranto,
se os nosos berros son iguais,
coma un irmáu che falo.
Anque as nosas palabras sexan distintas,
e tí negro e eu branco,
se temos semellantes as feridas,
coma un irmáu che falo.
Por enriba de tódalas fronteiras,
por enriba de muros e valados,
se os nosos soños son iguais,
coma un irmáu che falo.
Común témos a patria,
común a loita, ambos,
a miña man che dou,
coma un irmáu che falo.

www.galespa.com.ar/FERREIRO_irmans.htm