Feed

Oportunidade perdida

Posted on Outubro 21st, 2009 in Antisistema by cuartos

A OPORTUNIDADE PERDIDA DA “ESQUERDA TRANSFORMADORA”

Despois desta crise que chegou, convive con nós, parece que tocou fondo e comeza a marchar, que autocrítica ten que facer a chamada “esquerda transformadora”?

A esquerda transformadora sempre falou dunha crise sistémica, non só económica. Así falaban de crise enerxética, crise financeira, crise ecolóxica, crise social… Tamén dicían que a crise era unha oportunidade para que a súa mensaxe antisistema chegase á maioría da sociedade e a clase obreira comezase a transformación deste sistema capitalista caduco nunha orde social máis xusta.

Mais, a miña experiencia persoal dime que no pobo so callou a idea de crise económica e que non se logrou que “as outras crises” penetrasen no subconsciente da cidadanía. A esquerda transformadora debe afinar logo os seus mecanismos para influír na opinión pública se quere que algún día sexa o solpor desta orde social inxusta que escraviza física e psicoloxicamente á inmensa maioría da poboación mundial.

Poema pola loita conxunta

Posted on Xuño 18th, 2009 in Antisistema,Do meu anllar,Hoxe by cuartos

poema-loita-conxunta

Cando vexo milleiros,

milleiros de tractores e labregos,

invadindo as rúas nas tractoradas,

unha rabia infinita sáeme de dentro.

Cando esperto,

e na Voz aparecen manipulacións lingüísticas

completadas con entrevista a Gloria Lago

—diálologo de vesugos—,

a carraxe, durmida, sen podelo evitar esperta.

Cando saio á rúa,

e vexo loitas encarnizadas dos compañeiros do metal,

loitando cos antidisturbios casteláns,

vólvome de aceiro, eu tamén son do metal.

Cando os meus oídos oen dunha señora:

“tiñades que facer coma os vascos,

coller os empresarios e metelos baixo terra,

eses son todos uns ladróns”,

alédome, a conciencia de clase esperta.

Cando milleiros de estudantes

protestan contra Boloña,

—centos en Galiza—,

o maio do 68 parece que volta.

Labregos,

galegos amantes da vosa lingua,

estudantes,

traballadores do metal,

non será hora de erguer as voces xuntos?

Explotación, aldraxes e miseria, Nunca Máis!

Conflito de clase?

Posted on Xuño 3rd, 2009 in Antisistema,Hoxe by cuartos

HAI CONFLITO DE CLASE OU NON?

antidisturbios

Hai alguén que aínda dubide da existencia da loita de clase, do conflito de clase?

Pois eses incrédulos que se paseen un día coma hoxe por Vigo, un día no que estean de folga os do Metal. Que se paseen pola cidade e vexan a loita campal entre os traballadores e os representantes do empresariado-Estado, os antidisturbios. Que dean unha volta e daquela verán e crerán, coma San Tomé, que non creeu na resurreción ata que meteu as mans no costado de Cristo.

Isto igual, incrédulos: ver para crer. Os que xa tiñamos “fe”, ver para reafirmarnos aínda máis.

manifa-metal

Boletín novas do metal nº4 xuño 2009

REMPRAZO DO SISTEMA: que camiño coller?

Posted on Maio 14th, 2009 in Antisistema by cuartos

Para os que queren acabar con este sistema capitalista, mirade dous exemplos de entender a relación coa política e co sistema que queres destruír, dous exemplos a non seguir.

-os anarquistas intentaron acabar co sistema sen meterse nel, non quixeron fundar un partido político e acabar co sistema capitalista dende dentro. Historicamente pouco conseguiron.

-os comunistas crearon partidos políticos, introducíronse no sistema e acabaron con el, lograron o seu obxectivo. Iso si, o sistema que instauraron deixa moito que desexar…

Cal é logo o camiño?

Pois nin o dos anarquistas nin o dos comunistas, como diría Aristóteles, o “termo medio”. Grupos antisistema, non vos volvades políticos coma os comunistas. Os políticos son os administradores da orde actual e non van estar co pobo cando este queira construír un mundo máis xusto. Ademais, estando no poder vas instaurar un novo sistema pensando no pobo, ou pensando no teu beneficio? Este foi o fallo dos comunistas. Agora ben, intentar acabar con este sistema opresor coas túas propias forzas… difícil. Que facer entón?

O camiño podería ser o seguinte. Non se meter na sucia política, porque quen está con ela non está co pobo. Non manchar as mans na política, pero deixar que outros as manchen. Que quero dicir, fai falta ter algún partido cómplice no sistema, algún vello coñecido. Non se relacionar moito con el, apoialo electoralmente cando non haxa outro mellor, non confiar nel (é un partido e está para o que está). É dicir, votar ao menos malo. Actuar ao marxe da política pero ao mesmo tempo non lle restar importancia. Non é o mesmo que estea no poder un político que vaia a machacarte que outro que aínda que non te defenda sexa máis permisivo e receptivo cara as túas ideas.

Conclusión: a eficacia dos comunistas coa humildade dos anarquistas, esa é a mellor solución.

anarkismocomunismo

Que ocorrería se…

Posted on Abril 7th, 2009 in Antisistema by cuartos

Que ocorrería se…

…se este mes e a partir de agora todos os traballadores do mundo se negase a pagar as hipotecas.

…se os traballadores se opuxeran a que un construtor-banqueiro os explote de por vida a cambio de mercar unha vivenda (dereito básico dos españois recoñecidos na Constitución de 1978)?

Que ocorrería?

 Lámina do Álbum Nós de Castelao

Non son pastores que van a Belén, son traballadores (precarios) que van pagar a hipoteca.