Feed

Un poema bonito de Eli Ríos

Posted on Maio 11th, 2010 in Grandes debulladores by cuartos

prendo a luz
aínda
que
é
de
día
só para confirmar

que a loura
segue no caldeiro
que a xanela
non transloce a rúa
que o teu nome
está mal dito
apago a bombilla

para reafirmar

que penso e existo

tamén na penumbra

—–

Poema de Eli Ríos do seu poemario inédito: “nós escoitando o badalo de marienpltz”, co que se fixo acredora do Premio Carral de Poesía 2009. Noticia de Vieiros.

One Response to 'Un poema bonito de Eli Ríos'

Subscribe to comments with RSS

  1. eli rios said,

    on Decembro 3rd, 2010 at 11:39 p.m.

    grazas!