Aos que votaron a Feijoo
Cidadáns de dereito que elixistes a Feijoo como presidente da Xunta de Galicia:
Xa chegou o momento.
Xa chegou o momento de regalarlle os nosos ríos ás multinacionais, veña minicentrais, iso si, beneficios para os galegos ningún.
Xa chegou o momento de destruír o plan eólico e quitarlle a concesión ás empresas galegas que pagan aquí os seus impostos, para darllas ás de fóra.
Xa chegou o momento de que o 14% da produción dos parque eólicos en vez de transformarse en impostos (servizos para os galegos) vaia todo para as empresas multinacionais.
Xa chegou o momento de que baixen os impostos, de que llos baixen aos máis ricos. Chegou o momento de que o Estado teña aínda menos cartos, total para que queremos o frouxo Estado do “benestar”?
Xa volveu o momento de que quen goberna Galicia goberne para o resto dos españois.
Xa volveu o a prolongación dos Séculos Escuros, de gobernantes que desprezan a nosa lingua, a nosa cultura. Volven os que pensan que o galego so serve para falar coas vacas (votado por quen falan galego).
Xa volveu o momento de que non haxa ningunha escola infantil na que lles falen aos meniños galego, a lingua de seus pais, a nosa lingua!
Xa volveu o momento de ver na selección galega unha ofensa á unidade da patria española, unha, única e indivisíbel. Volveu o momento de NON ver máis á selección galega.
Xa chegou o momento de que se privaticen máis empresas públicas, máis servizos. Sanidade publica, educación pública, pensións públicas, para que?
Xa volveu o momento de abaratar os despidos.
Xa volveu o momento de investir menos en educación, para que a xente siga sendo unha ignorante e crea todo o que botan na tele, arma de manipulación masiva.
Xa chegou o momento de seguir fabricando traballadores burricáns sen estudos que non sexan protestóns e que voten ao PP. Traballadores sen cualificación que non levantan o país.
Xa volveu o momento de que a xente con ideas, os investigadores teñan que marchar de Galicia porque aquí non poden desenvolver a súa tarefa.
Xa volveu o momento de menosprezar o que facemos aquí, os nosos creadores, músicos, artistas, innovadores, emprendedores.
Xa volveu o momento de que quen se avergoña de ser galego sexa presidente dos galegos.
Xa volveu o momento de deixar que os de fóra decidan na economía de Galicia, para que esta siga sen industrializar e os nosos sectores produtivos vaian aínda máis ao carallo (leite, carne, forestal, naval, pesqueiro, enerxético…).
Xa volveu o momento de que os fondos da unión europea, os impostos se queimen todos exclusivamente en asfaltar cunetas o mes das eleccións.
Xa volveu o momento de que o medio ambiente importe unha merda. Total, para que queremos o medio ambiente se no dá máis que dores de cabeza? Total, parece que non vivimos da natureza, comemos produtos da terra, bebemos auga, respiramos aire, todo canto temos vén da Terra, pero a Terra impórtannos tan pouco.
Seguimos no momento no que mentres teñamos fútbol, roupa para comprar, festa as fins de semana, o demais non importa. Non importa que cada tres segundo morra unha persoa de fame no mundo. Non importa que esquilmemos África, América Latina, deixando os continentes ermos, e esa pobre xente teña que emigrar ao Norte, occidente.
Xa chegou Feijoo.
Xa volveu o PP.
Galicia, Galiza, ese anaco de terra na fin do mundo, perdeu outra oportunidade, e daralle a historia outra máis?
Galicia, Galiza, chora dende o 1 de marzo. Non chove, nin orballa, non son pingas de auga, son bágoas. Galiza chora, a Galicia dóenlle as entrañas. Galicia desfaise de dor. Pois galegos, tédeo claro, cada vez que gaña o PP, cada vez que un goberno españolista chega a Xunta, Galicia perde un cacho, e os galegos son menos galegos e Galicia é menos Galicia. Xa quedan poucos galegos, é iso o que pasa, non pode ser outra cousa. Os que foron votar o 1 de marzo non son galegos, son…, non sei o que son, son outra cousa. Dentro de catro anos igual xa nin existe Galicia, nin os galegos, nin nada… Os galegos rin, quedan tan panchos. Galicia, Galicia chora, os galegos estana matando. Galicia, terra de tantos contrastes, tes os mellores…. e os peores…
Se eses que votaron ao PP son galegos, existiu algunha vez? Existe Galicia? Cada vez téñoo menos claro.


on marzo 14th, 2009 at 3:13 pm
Levas razón
on maio 13th, 2009 at 5:48 pm
primeiro ai que ter clara unha cousa:
1-a xente pode falar galego e votar ó pp.
2-o mundo tende á globalización, isto é, unha única lingua. A ti prohíbenche falar galego? a min non..entón que problema hai?
3-Para que queres \galiescolas\? os meniños van falar a lingua que eles queiran, e a que falen nas súas casas, non a que lles implante unha institución…
4-As empresas públicas normalmente xeran perdas, mira só televisión española, e é só un exemplo, pero supoño que saberás que as empresas privadas buscan o beneficio, polo tanto haberá I+D+I, o que supón a creación de productos diferenciados. A competencia é boa.
5- só quero dicirche que para mín non existen traballadores \burricáns\, iso é o que ti pensas, simplemente por que non votén ó partido que ti queres non tes por qué xulgalos. Quen é o que limpa as rúas polas que ti paseas? quizais sexan un médico non? ou un enxeñeiro?, para min que é un barrendeiro, e creo que teño razón, realmente a quén lle chamas traballadores \burricans\?, so podo pensar dúas cousas
1- que llo chamas a xente sen cualificación…
2- ós que votan ó pp, penso que por aí vou máis encamiñado
Entendo que poidas criticar a política e pareceme lóxico, para iso ai diferentes ideais e ideas, pero tamen che digo que un traballador sen cualificación non é burricán.Asegurocho.
un saúdo
on maio 13th, 2009 at 10:38 pm
pollito de california, dicirche, este texto foi escrito nun momento de agobio e descontento cos resultados das eleccións e si, algunha cousa expreseina mal, respecto ao que me comentas:
1)moitos dos que botan pp falan galego, isto é así, agora ben, penso eu que se lle queres ao noso idioma, e tes un pouco de conciencia do que sucede, non lle votas ao PP: abonda ver as medidas ANTIgalego que quere aplicar.
2)sobre tender á globalizacion, un poema, busca no meu blogue na categoria “grandes debulladores” un de curros. e unha fantasmada, pero weno. o mundo tende á globalización. SI, e certo, pero esa globalización como se esta facendo?? non hai outra forma de globalizar?? haina, a globalizacion neoliberal(beneficios economicos > persoas) ten que acabar, ten que comezar unha globalización na que se respecten as persoas, as culturas e os seus dereitos…. en ingles si (para ir a fora, e en castelan), pero para existir no mundo globalizado, para vivir eiquí e coa lusofonia, en galego.
3)galescolas??? agora os nenos non falan o que lles falen na sua casa, iso seria o NORMAL, mais galiza non é un pais normal. o que sucede é que MAIORITARIAMENTE(isto non quita que haxa 4 casos contrarios) o que sucede é ao contrario. se ti lle falas aos teus fillos galego, o mais seguro é que eles acaben falando galego pola influencia da escola…..
4)(eres neoliberal ou neocon ou como se chame iso, non? notase) que fixeron as empresas españolas chupar beneficios e queimalo en chales e gardalo en contas en paraisos fiscais, investiron en i+d+i os os construtores???? non, por iso van a pique ao non teren outra alternativa… privatización??? en eeuu morre a xente ao lado dos hospitais. certo que a empresa privada asegura maior eficacia pola competividade, haberia que reformar as instituciónsp publicas, funcionarado, etc para garantir unha maior eficiencia. a competencia é boa??? para que serviu a competencia e a privatizacion de telefonia en españa??? para que eficazmente abusen de nós, (somos o estado europeo coas tarifas mais caras).
5)recoñezo que o termo traballadores burricans esta mal, recoñezoo. o que intentaba referirme a este sistema que crea traballadores precarios sen cualificacion (cal e o fracaso escolar na eso?) e en vez de burricans deberia poñer forma traballadores sen conciencia de clase, por exemplo… e isto implica (ao meu ver) algo semellante ao da lingua, un proletario medio con conciencia da division da sociedade en proletariado e burguesia, a grandes trazas, non votaria ao pp.
moitas gracias por comentar e ler o meu blogue, calquera cousa que che parece mal non te cortes un pelo…comenta
saúdos