Feed

Recensión do último pleno: A RESPOSTA DO MILLÓN

Posted on decembro 23rd, 2008 in Touro by cuartos

RECENSIÓN DO ÚLTIMO PLENO: A RESPOSTA DO MILLÓN

Estiven no último pleno do concello de Touro, era a primeira vez que ía, e quería comentar varias cousas:

1. A falta de orde nas intervencións e a mala educación: soaban teléfonos móbiles e concelleiros falaban por el no medio do pleno, (neste caso non eran nin do PSdG nin do BNG). Señor alcalde e señor secretario podía poñer un pouco máis de respeto.

2. A metade dos sete concelleiros do PP estaban alí por estar. Non quero faltar o respecto, pero a esas idades un se non vale pra estar nun pleno porque non se entera de nada, e non ten nada que dicir debería ir xogar a partida, ou ás excursións do Inserso como fan os outros vellos e deixarlle a política a xente máis competente, (haina?)

3. O alcalde debería enterarse do que pasa no concello: que axudas se piden, como van os diversos procesos administrativos, etc. A realidade é que Ignacio semellaba estar pouco posto ao día. Quen controlaba todo era o secretario do concello. Agora que se dedica completamente á alcaldía e ten dedicación exclusiva, faga algo máis, por favor. Entérese das cousas.

4. A concelleira do PSdG (Mª Carmen Paz)está máis perdida que un polbo nun garaxe. Practicamente non falou nada. Non ten nin idea de política e non sabe facer oposición.

5. Non me parece normal que non fose ninguén do Partido Galeguista ao pleno. A cuarta forza política do concello que por desgraza non acadou ningún concelleiro debería ir alomenos como oínte aos plenos.

6. A pregunta do millón, ou digo, a resposta do millón do meu benquerido veciño, así como tenente alcalde, Eugenio Elisardo Montero Valiño. Reproduzo aquí o ocorrido no pleno, é de película.

(Pregúntalle Anxo Puga [BNG] ao Alcalde)

—Que me di do famoso PEIM (Plan de Emprego e Inversión Municipal) polo que a Touro lle tocan, se non estou equivocado, 800.000 €? Sabedes xa en que se vai investir?

(Adiántase o tenente alcalde)

(Con sorna e chulería)Home, irémola invertir dentro do concello de Touro, digo eu.

(Risas, por non chorar) Anxo Puga: Ai bueno, e logho que a iades gastar por aí fora?

Debido a unha medida pra paliala crise danlle ao concello de Touro 800.000 € (133 millóns de pesetas) e tanto o alcalde (que non dixo nada respecto isto) coma o tenente alcalde, coma todos os concelleiros do PP NON TEÑEN NIN A MÁIS MÍNIMA IDEA DE EN QUE INVERTIR ESTES CARTOS.

Teñen que facer o proxecto de inversión antes de marzo (2 meses quedan e aínda non plantexaron facer absolutamente NADA). Así é como se preocupan polos seus veciños??? É indigno que non utilicen esa axuda, unha das mellores que recibiu o concello nos últimos anos, pra facer cousas necesarias.

No programa electoral do PP de Touro había 73 puntos (acabo de contalos) e non usan eses cartos pra nada do que se propuñan nel??? XULGUEN.

Cómpre dicir que dende a oposición se lles propuxo facer a promesa histórica de todos os programas electorais de todos os partidos de Touro: a construcción dunha CASA DA CULTURA na que se favoreza a contratación de persoas paradas de Touro.

Hai CRISE. A xente vai ao PARO. Familias enteiras quedan sen ingresos.

RAJOY di que o PP pensa nos problemas da xente.

IGNACIO E EUGENIO olvídanse da xente.

Por último, todo o mundo sabe en que se invertirán eses 130 millóns de pesetas se os do PP fan o que queren. Como di aquela canción de Dios Ke Te Crew:

“Política de asfalto

por sufraxio universal,

veñen as eleccións

vamos todos a votar”

Díaz Pardo vs. Memoria histórica

Posted on decembro 19th, 2008 in Hoxe by cuartos

DÍAZ PARDO vs. MEMORIA HISTÓRICA

Con Isaac Daz Pardo

Con Isaac Díaz Pardo

O martes tiven a sorte de que me informaron de que as Xuventudes Socialistas de Compostela
organizaban unha conferencia sobre a Memoria histórica na que interviña Isaac Díaz Pardo.
Aínda que “A casa do pobo” non é a miña casa, fun. Quede esta foto como proba.

Antes de nada quero salientar a tenrura que inspira ese señor maior, intelectual, historia vivente,
enciclopedia andante e compañeiro e amigo de figuras histórias galegas.

Sobre a conferecia quixera facer dous apuntamentos:

1º Orixe do binomio “Memoria histórica”.

Dicía Díaz Pardo que no exilio se preguntaban os intelectuais galeguistas: “Cando volvamos
á terra, se é que algún día voltamos, que é o primeiro que hai que facer?” E a resposta era:
“recuperar a memoria histórica”.
Recuperar o patrimonio científico, humanistico, literario (véxase: Seminario de Estudos Galegos)
escarallado e destruído polo franquismo.
Rendir homenaxe aqueles que morrreron defendendo a liberdade, a República, a Galiza.
Todo isto non coa intención de levantar rancores, nin resucitar vellos mortos (os mortos mortos
están), coa intención de sacar á luz ese patrimonio e facer que xeracións posteriores coñezan erros
do pasado pra que a barbarie sucedida non volva ocorrer.

2º Indico eu:

É obriga da xente nova preguntarlle aos nosos maiores pra que esa sabedoría, esa historia
recente non quede no olvido e vaia pró tumba cos vellos que xa morreron. Hai moitas historias
espeluznantes, interesantes, heroicas, sentimentais que tñen coo pano de fondo a guerra civil,
a represión fascista e o franquismo.

Preguntemos, escribamos, difundamos para que eses terríbeis e reais pesadelos, que por
desgraza foron historia e ocorreron, sexan só un pasado e non se convertan nunca en presente
ou futuro.
Preguntemos, escribamos, difundamos para honrar a eses mortos da liberdade.

O tempo corre, a xente morre, e as historias quedan soterradas. Apuremos!

PD. Parabéns aos organizadores

Consellos a militantes de esquerdas

Posted on decembro 3rd, 2008 in O outro saco by cuartos

DEZ CONSELLOS PARA MILITANTES DE ESQUERDAS

Frei Betto (frade dominico e escritor)
Revista “INZAR RAZÓNS” nº 36, páxs. 42-43

1. Manteña viva a indignación. Verifique periodicamente se é realmente de esquerda. A esquerda enfronta a desigualdade social como unha aberración que cómpre erradicar.

2. Non se pode ser de esquerda sen lixar os zapatos alá onde o pobo vive, loita, sofre.

3. O fracaso do socialismo no leste europeo non o debe inducir a descartalo do horizonte da historia humana. O capitalismo fracasou para a maioría da poboación mundial. A globalización da miseria non é maior grazas ao socialismo chinés que, malia os seus erros, lles asegura alimentación, saúde e educación a 1.200 millóns de persoas.

4. Sexa crítico, pero sen perder a autocrítica. A autocrítica non é só admitir os propios erros. É admitir ser criticado polos/as compañeiros/as.

5. Saiba a diferenza entre militante e “milibobo”. “Milibobo” é aquel que presume de participar en todo. O militante profunda os seus vínculos co pobo, estuda, reflexiona, medita; valora de forma determinada a súa área de actuación e actividades, valoriza os vínculos orgánicos e os proxectos comunitarios.

6. Sexa rigoroso na ética da militancia. A esquerda actúa por principios. Un militante de esquerda pode perder todo, a liberdade, o emprego a vida. Menos a moral. O verdadeiro militante é un servidor.

7. Aliméntese na tradición da esquerda. Coñeza a historia da esquerda. Lea.

8. Prefira o risoco de errar cos pobres, persoas privadas inxusta e involuntariamente dos bens esenciais da vida digna,  a ter a pretensión de acertar sen eles.

9. Defenda sempre o oprimido. A vida é o don maior de Deus. A existencia da pobreza clama aos ceos.

10. Faga da oración un antídoto contra a alienación. Moitas veces deixamos de rezar para non oír o chamado divino que nos esixe o cambio do rumbo na vida. Falamos como militantes e vivimos como burgueses.