Feed

Irmáns (Celso Emilio Ferreiro)

Posted on abril 29th, 2008 in Grandes debulladores by cuartos

IRMÁNS __ Celso Emilio Ferreiro
(”Longa noite de pedra”, 1962)

Camiñan ó meu rente moitos homes.
Non os coñezo. Sonme estraños.
Pero ti, que te alcontras alá lonxe,
máis alá dos desertos e dos lagos,
máis alá das sabanas e das illas,
coma un irmau che falo.
Se é tua a miña noite,
se choran os meus ollos o teu pranto,
se os nosos berros son iguais,
coma un irmáu che falo.
Anque as nosas palabras sexan distintas,
e tí negro e eu branco,
se temos semellantes as feridas,
coma un irmáu che falo.
Por enriba de tódalas fronteiras,
por enriba de muros e valados,
se os nosos soños son iguais,
coma un irmáu che falo.
Común témos a patria,
común a loita, ambos,
a miña man che dou,
coma un irmáu che falo.

www.galespa.com.ar/FERREIRO_irmans.htm

One Response to 'Irmáns (Celso Emilio Ferreiro)'

Subscribe to comments with RSS or TrackBack to 'Irmáns (Celso Emilio Ferreiro)'.

  1. cuartos said,

    on abril 29th, 2008 at 1:16 pm

    Un gran poema perdido nunha axenda escolar que me conduciu ao mundo de Celso Emilio Ferreiro, vivindo unha Longa noite de pedra para máis tarde Viaxar ao país dos ananos nunha edición bilingüe, inestimábel regalo de Julio R.V.

Post a comment